MECÁNICA
A forza e movemento, as poleas, as palancas, o equilibrio, as forzas de fricción, o dinamómetro, o plano inclinado, magnetismo, etc
O xogo das forzas?
Grazas Newton
O plano inclinado é unha máquina simple que consiste nunha superficie plana que forma un ángulo agudo co chan e utilízase para elevar corpos a certa altura . ?
Ten a vantaxe de necesitarse unha forza menor á empregada para levantar o devandito corpo verticalmente (logrado grazas á descomposición de forzas), aínda que teñas que aumentar a distancia percorrida e vencer a forza de rozamento.
Para poder entender como funciona este xogo de forzas temos que fixarnos na Segunda Lei de Newton... pero iso o deixaremos cando sexades maiores.
As antigas civilizacións usaban esta máquina para arrastrar as pedras para construír grandes pirámides, templos ou cidades...
Noutro reto a rapazada do Bergantiños, tiveron que planificar e poñer en practica, foi a creación ou construción con pezas de Lego WE Do 2.0 dunha máquina qie imitase as forzas que se dan nun plano inclinado:
O uso de poleas e engranaxes
A engranaxe é unha máquina simple composta de xogos de rodas que dispoñen duns elementos saíntes denominados dentes, que encaixan entre si, de maneira que unhas rodas (as motrices) arrastran ás outras (as conducidas ou arrastradas).Transmiten o movemento circular a circular.
A condición para que as rodas engranen, é dicir, que poidan axustarse e transmitir o movemento correctamente, é que teñan os mesmos parámetros ou dimensións no dente.
O SISTEMA DE POLEAS
Unha polea é unha máquina simple e un dispositivo mecánico de tracción que serve para transmitir unha forza. Consiste nunha roda cunha canle na súa periferia, polo cal pasa unha corda que vira sobre un eixo central. Este concepto físico permítenos formar conxuntos (aparellos ou polipastos)
A polea máis común serve no seu uso máis básico para levantar obxectos utilizando unha forza total menor á que exercemos sen ela. Bota un ollo a esta polea simple:
QUE TIPOS DE POLEA PODEMOS ATOPAR?
SIMPLES
MÓVILES
POLIPASTOS
Comentarios
Publicar un comentario