A electricidade, a electricidade estatica, protones e electrones, as forzas eléctricas, corpos condutores e non condutores, o circuito eléctrico, o electroscopio. A introdución a circuito eléctrico con placas tipo Makey-Makey ou Arduino.
Traballamos durante unhas semanas con diferentes perifericos eléctricos para experimentar como poden axudarnos na ensinanza de contidos curriculares. Deixovós cun resumo do obradoiro que desenvolvimos no CEIP BERGANTIÑOS co titulo: "Unha máquina perfecta"
Que é un circuíto eléctrico?
Un circuíto eléctrico é o conxunto de elementos eléctricos conectados entre si que permiten xerar, transportar e utilizar a enerxía eléctrica coa finalidade de transformala noutro tipo de ene rxía como, por exemplo, enerxía calorífica (estufa), enerxía lumínica (lámpada) ou enerxía mecánica (motor).
As partes dun circuíto son: fonte da enerxía ou xerador, conductor, receptor, FUSIBLE e interruptor(FÍXATE NO DEBUXO DE ARRIBA E INTENTA LOCALIZAR ESTAS PARTES DO CIRCUÍTO ELÉCTRICO)
CORPOS AISLANTES Y CONDUTORES?
Os elementos condutores: Son materiais cuxa resistencia ao paso da electricidade é moi baixa. Os mellores condutores eléctricos son metais, como o cobre, o ouro, o ferro, a prata e o aluminio, e as súas aliaxes, aínda que existen outros materiais non metálicos que tamén posúen a propiedade de conducir a electricidade, como o grafito ou as disolucións e solucións salinas (por exemplo, a auga )


Os corpos illantes:
Os corpos illantes: Son os que non permiten o paso e intercambio de electróns periféricos sendo os seus átomos normalmente estables, é dicir, que non permiten o paso da corrente eléctrica. Algúns materiais illantes son:
A madeira.
O vidro.
O plástico.
A cerámica(usado nos cables de alta tensión)
Recubrir elementos condutores con corpos illantes é moi común; a finalidade é que a corrente circule a través do corpo condutor e que os electróns(que son os que transportan a corrente) non saian ou escapen e provoquen descargas ou choques eléctricos.
No seguinte exercicio tes que pensar e decidir que grupo conteñen CORPOS ILLANTES e cal conteñen CORPOS CONDUTORES:
GRUPO ·"RASCA"
GRUPO "PICA"
Nesta pŕactica, traballamos os procesos de xeración de enerxía eléctrica. Para iso, empregamos limóns e patacas. O alumnado puido comprobar e medir coa axuda dun polímetro a enerxía eléctrica que xeraban ambos. Tamén mediron a enerxía electrica ao conectar varios limóns e patacas en serie, e observaron como a enerxía total era a suma de ambos.
Posteriormente, construíron pequenos circuitos eléctricos para acender un diodo led. O obxectivo era experimentar e determinar cantos limóns precisaban para que éste se acendera
Comentarios
Publicar un comentario