OS SEGREDOS DO UNIVERSO

Hecho con Padlet
Tras meses de captura de imaxes en Marte, a NASA publicou unha fotografía panorámica do planeta vermello, resultado da combinación de 817 imaxes, tomadas pola Cámara Panorámica (PANCAM) instalada na nave 'Opportunity'. A imaxe mostra un inmenso cráter xerado fai billóns de anos. Dentro del, o vehículo 'Opportunity', a última das misións da NASA en Marte, pasou o último inverno marciano. Segundo a axencia, esta espectácular imaxe é a mellor instantánea que se pode ver se non é posible estar alí. As máis de 800 fotografías que compuxeron a instantánea final foron tomadas durante 5 meses, desde decembro de 2011 até maio. Foi presentada en falsa cor para salientar a diferenza entre os diversos materiais. O lanzamento desta imaxe, coincide con dous fitos para a NASA: os 3.000 días de misión da nave 'Opportunity' no planeta vermello, e o cumprimento de 15 anos de presenza robótica da NASA en Marte, desde que aterrase a nave 'PathFinder' en 1997. "A escena ofrécenos o rico contexto xeolóxico no que se desenvolveu o traballo químico e mineral durante a última misión, á vez que unha espectacular imaxe do cráter no que traballamos" declarou Jim Bell da Universidade Estatal de Arizona e científico líder da PANCAM. A nave 'Opportuniy', xunto coa súa xemelga, 'Spirit', aterraron en Marte en xaneiro de 2004, para o que ían ser 3 meses de misión. Con todo, ambas seguen funcionando. A seguinte xeración de vehículo creada pola NASA, 'Curiosity', xa está preparada para ser enviada a Marte o mes que vén. imaxe da Opportunity:





Comentarios

Entradas populares